CRTVG

Buscar

Os bañistas de Silgar evitan as zonas parceladas

Publicado o 06/07/2020 21:51

A repercusión daquelas imaxes dunha praia de Silgar virtual foi grande. Mostrábannos o que, se supoñía, estaba por vir. Teriamos unha parceliña na praia, con marcos e todo. Entón o virtual comezou a facerse real. Desde o prinicipio, custounos aquela imaxe das estacas na area. E esta fin de semana, unhas das primeiras con grande concorrencia aos areais, comprobouse que as medidas de protección non convenceron, as parcelas case baleiras. E esta mañá a estampa era semellante.

Aínda que son unha minoría, os que usan as parcelas están realmente concienciados.

Desde o Concello apelan á resposabilidade e quítanlle ferro ao acontecido esta fin de semana.

Parcelas, acomodadores, arcos ou semáforos que regulan o acceso dos bañistas, todo tipo de medidas de control pensadas para evitar aglomeracións e que ás veces nos custa acatar. O verán aínda está comezando e acoutar algúns bañistas vai ser tan difícil como poñerlle valados ao mar.

Noticias web

06/07/2020