CRTVG

Buscar

Os bañistas de Foz vense sorprendidos coa aparición dunha quenlla que chegou ata a praia

Publicado o 26/07/2020 17:31

Non é a primeira vez que nalgún lugar da costa se avistan quenllas ou marraxos e mesmo os arroaces acompañan moitas embarcacións no seu percorrido polo litoral galego.

O feito de que hoxe en día case todas as persoas van acompañadas dun teléfono con gravación de imaxes permite rexistrar eses momentos, como sucedeu co que se pode ver aquí. 

Trátase dunha quenlla que mide apenas metro e medio de lonxitude, pero que non amedrenta a ninguén.