Os bañistas de Foz vense sorprendidos coa aparición dunha quenlla que chegou ata a praia
Publicado o 26/07/2020 17:31

Non é a primeira vez que nalgún lugar da costa se avistan quenllas ou marraxos, e mesmo os arroaces acompañan moitas embarcacións no seu percorrido polo litoral galego.
O feito de que hoxe en día case todas as persoas van acompañadas dun teléfono con gravación de imaxes permite rexistrar eses momentos, como sucedeu co que se pode ver aquí.
É unha quenlla que mide apenas metro e medio de lonxitude, pero que non amedrenta a ninguén.