CRTVG

Buscar

Os bancos non poderán cobrar comisións aos que gañen menos de 12.900 euros

Publicado o 28/02/2019 21:03

Os bancos non poderán cobrar comisións aos que gañen menos de 12.900 euros. Así figura nun borrador de real decreto que elabora o ministerio de Economía e que está en fase de alegacións ata o próximo 8 de marzo.

O texto prohibe cobrar comisións de mantemento, por transferencias ou uso de caixeiros a persoas en situación vulnerable ou en risco de exclusión social. O custo da medida terán que asumilo os propios bancos ou repercutilo no resto dos clientes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/02/2019