CRTVG

Buscar

Os balnearios galegos reabren tras meses pechados pola pandemia

Publicado o 11/06/2021 14:59

Desde a fin de semana pasada, os balnearios galegos van recuperando a sua actividade e parece que a campaña abre con moi boas perspectivas.

"Estamos contentísimos porque sacamos a toda a xente do ERTE e mesmo estamos facendo máis contratacións. Os usuarios están desexando volver e estánnolo demostrando cunha fidelidade total e estánlle encantando as reformas que fixemos", di Santiago Villanueva, director do Balneario de Augas Santas, en Pantón.

De momento teñen que manter as limitacións que impoñen as medidas sanitarias contra a covid-19. "No momento en que vaiamos mergullarnos na auga e cando ás podemos sacar, pero se van paseando no céspede ou nas instalacións do interior sempre con mascarilla", recalca unha traballadora do balneario.

"Andan moito encima; en canto un se levanta xa van co 'chifle' a limpar". "Cóidase moito, incluso no almorzo, trárase de nadie colla nada sen que cho dea a xente que está a cargo diso", "márcanche unha distancia; perfecto!", confirman varios clientes.

Confían en poder recuperar canto antes os programas da terceira idade e ademáis esperan que o tirón do Ano Santo e o patrimonio local lles axuden a reactivar a actividade.

"De feito nós temos paquetes de dúas-tres noites en que pode aproveitar a visita ao balneario con visitas ás bodegas", explica Villanueva.

Pero os clientes máis fieis din que a simple estancia é razón máis ca dabondo para ir a un balneario. "É un relax de descanso, que para min é unha marabilla", di un visitante.

Noticias web

11/06/2021