CRTVG

Buscar

Os balnearios galegos ofrecen turismo de saúde fronte ao coronavirus

Publicado o 09/08/2020 14:32

O balneario de Arnoia está ao sesenta e cinco por cento de ocupación. Unha cifra nada despreciable no mes de agosto e en plena crise do coronavirus. Aseguran que perciben o interese dos seus clientes por volver a estes espazos, que sempre apostaron polo turismo de saúde e que poden ofrecer unha seguridade que, mais ca nunca,  demanda a poboación. 

Para conseguilo reforzaron a prevención cumprindo os protocolos que esixe a pandemia. En espazos privilexiados, queren ser sitios seguros e demostralo. E nesta liña o de Arnoia aposta por actividades deportivas pioneiras, como a que se vai celebrar a vindeira fin de semana. 

Deportistas de elite como Ivan Raña ou Gustavo César Veloso apadriñarán este evento, que quere converterse nun reclamo turístico de toda a comarca do Ribeiro.

Noticias web

09/08/2020