CRTVG

Buscar

Os Azores pechan escolas e reforzan bombeiros á espera do furacán Lorenzo

Publicado o 01/10/2019 16:04

Lorenzo vai golpear o oeste dos Azores esta noite convertido nun furacán de categoría 1. Está agora mesmo a pouco máis de 1.000 quilómetros e xa non queda dúbida de que se vai deixar notar con forza na illa das Flores e na do Faial, por exemplo.

As autoridades seguen adiante co protocolo de Protección Civil iniciado onte. O aviso vermello para todo, vento, mar de fondo, ondas e chuvia está activado e as precaucións son máximas.

Os colexios non abrirán e a recomendación é que nin se quera os veciños saian das vivendas. Lorenzo, cos datos cos que se conta agora mesmo, vai deixar vento nos Azores de case 200 quilómetros hora e ondas duns 15 metros aínda que non se descarta que se poidan rexistrar algunhas de 25 metros.

Son os efectos dun furacán histórico que seguirá o xoves o seu camiño cara ás illas británicas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

01/10/2019