Os axentes medioambientais non baixan a garda: a protección da natureza é unha actividade esencial
Os axentes manteñen durante o estado de alarma funcións esenciais como a protección de fauna salvaxe ou o control de verquidos e suman outras a maiores como o supervisión de parques naturais, ou a inspección de camiños rurais para vixiar que a xente cumpra co confinamento. E semella que si cumpren, porque despois de acompañalos neste Venres Santo polas paraxes máis turísticas do Barbanza, non atopamos nin unha soa persoa.
Así de solitarias están as dunas de Corrubedo neste Venres Santo. Nin coches, nin turistas no horizonte. Só os vemos a eles, os axentes ambientais, que protexen a natureza mentres controlan o confinamento.
Como de costume, denuncian verteduras, coidan das especies protexidas ou dan conta dos ataques do xabaril. Pero estes días toca facer un esforzo extra buscando xente polos camiños.
Aseguran que o grao de cumprimento é alto, e proba diso é que avistan máis fauna salvaxe ca nunca nestas agora desertas paraxes da Barbanza.