CRTVG

Buscar

Os axentes destacan a frialdade de Marcos Mirás cando os levou ao cadáver

Publicado o 26/09/2018 21:29

Terceira sesión do xuízo contra Marcos Mirás, o home acusado de asasinar o seu fillo de once anos cunha pa metálica, supostamente para danar a súa ex-muller. Nesta xornada declararon os policías que acompañaron o acusado ata o monte de Oza-Cesuras, onde estaba o cadáver do neno.

Cunha actitude tranquila, o acusado foi guiando os policías ata chegar a Oza-Cesuras por unhas pistas forestais. Explicaron que ao chegar a unha bifurcación, manifestoulles que deberían ir a pé e que a partir de entón xa non lles deu máis indicacións.

Axentes da Policía Científica que se achegaron ao lugar dos feitos para recoller vestixios explicáronlle ao xurado popular que atoparon moitas salpicaduras de sangue no coche en que o acusado levou o seu fillo ata o monte e que o pequeno foi golpeado cun obxecto contundente que puideron ver na sala.

Está previsto que mañá presten declaración os médicos forenses que lle realizaron a autopsia ao pequeno Javier.


Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

26/09/2018