CRTVG

Buscar

Tráfico poderá gravar os condutores con síntomas de ter consumido drogas, para usalo nun xuízo

Publicado o 20/07/2019 14:17

Os axentes de tráfico de Policía, Garda Civil e forzas de seguridade autonómicas teñen permiso dende este venres 19 de xullo, para realizar un exame a condutores que mostren síntomas de consumir drogas, como a análise da pupila ou de capacidade de reacción e percepción, así como a gravalos para dar constancia dos síntomas descritos. A Fiscalía tomou esta decisión, porque aínda que aumenta o uso de sustancias ao volante, aseguran que "non chegan" denuncias ao xulgado e só se multan.

Falan os condutores: "Depende da situación: se é un asunto puntual, no cal hai un afectado grave, pareceríame alo correto. Pero de todas maneiras é invadir un pouco a vida persoal... As persoas deberían ter unha medida de responsabilidade antes de ir ao volante. Entón se non as están cumprindo, vexo correto que usen eses medios, para probar a imprudecia deses condutores".

"Paréceme moi ben e tiñan que facer máis fincapé todavía neso. Cantos máis controles se fagan, máis seguridade hai na estrada. Que compren os equipos que sexan necesraios e que leven a cabo os controis. Canto máis rigor, mellor".

Diante da posibilidade de que o xuízo se produza moito tempo despois do suceso, os axentes teñen o permiso de gravar aos examinados para dar proba do que se inclúe nos exames de síntomas e poida ser usado no proceso xudicial. Segundo a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) o 44% dos falecidos na estrada en 2018 consumiran droga. E de 53.170 condenas só 200 foron por estas sustancias.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/07/2019