CRTVG

Buscar

Os axentes da Operación Mansalva comisaron 475 quilos de cocaína e vehículos

Publicado o 16/08/2019 14:02

Estas son as primeiras imaxes da detención e o desmantelamento da organización asentada en Pontevedra e que distirbuía cocaina en España e Portugal .Nos rexistros realizados os axentes comisaron 475 quilos de cocaína, unha plantación de marihuana con 1.000 plantas e 12.000 euros en metálico.

Os axentes detiveron 11 persoas en Pontevedra, dúas en Valencia e outra en Portugal . Os narcos utilizaban vehículos con dobre fondo e un remolque con sistema hidráulico para o traslando da cocaína. Unha investigación que comezou hai máis dun ano e que acaba de pecharse.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019