CRTVG

Buscar

Os avogados da familia Quer recorrerán o sobresemento da muller de Abuín

Publicado o 13/01/2018 12:01

José Ramón Sierra renuncia a representar 'o Chicle' por ter dúbidas na liña de defensa

• Enrique Abuín aínda non mantivo contacto coa súa familia

Os avogados da familia Quer recorrerán o sobresemento da muller de Abuín

Os avogados que representan á familia de Diana Quer tomaron a decisión de recorrer o auto que sobresee a investigación contra a muller do autor confeso da morte da moza, Rosario Rodríguez. Así o confirmou este venres o pai de Diana Quer, Juan Carlos Quer, que mantivo en Ferrol unha reunión co seu letrado, Ricardo Pérez Lama, para analizar os seguintes pasos a dar na instrución.

Un dos temas que trataron foi precisamente o recurso ao sobresemento da investigación contra a muller de José Enrique Abuín Gey, que foi arquivada esta semana polo titular do Xulgado de Instrución número 1 de Ribeira, Félix Isaac Alonso.

Finalmente, como xa apuntaron no seu momento, a acusación particular dirixida pola familia da vítima decidiu recorrer este arquivo provisional e pedirá que Rosario Rodríguez volva figurar como investigada na causa.

Juan Carlos Quer agradece as mostras de cariño recibidas en Galicia

Juan Carlos Quer volveu a Galicia, poucas horas despois de asistir ao enterro da sua filla, para reunirse co avogado que exerce, no nome da familia, a acusación particular. E quixo, sobre todo, agradecer as mostras de afecto recibidas dos galegos. O pai de Diana Quer seguirá moi de cerca os avances do procedemento e espera para o Chicle, o autor confeso da morte da sua filla, unha "resolución xudicial á altura do crime cometido".


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018