Os avogados da familia de Déborah Fernández confían en que se aclaren as contradicións do caso
Pouco máis dun ano antes de que prescriba o caso de Déborah Fernández, que aparecía morta hai case 20 anos no Rosal, despois de desparacer cando corría en Samil, esta mesma mañá houbo novidades. Comparecencian novas testemuñas no xulgado. Os avogados da familia de Déborah Fernández confían en que as novas declaracións poidan clarificar as contradicións que, aseguran, existen no sumario.
Tamén teñen esperanzas na informacion que podería achegar a descarga do disco duro do ordenador de Déborah.
Respecto á solicitude de exhumacion do cadáver, o xulgado non respondeu á petición da familia, que considera clave unha dilixencia que podería demostrar que a morte de Déborah foi un asasinato. Pouco antes de facer dezanove anos da súa desaparicion, inciaron outra campaña nas redes socias reclamando xustiza.