CRTVG

Buscar

Os avistamentos de cetáceos cada vez son máis comúns nas costas galegas

Publicado o 29/07/2019 13:47

Esta balea nadaba a escasos metros da area cando un particular capturou o momento co seu teléfono móbil. Outro exemplar apareceu nunha cala de Cervo, e os membros do GES levárono ao porto de San Cibrao para que os técnicos do CEMMA lle practicaran a necropsia. Estes son os últimos casos de avistamentos de cetáceos, algo que é cada vez máis común nas augas galegas.

"Normalmente atópanse en augas externas, que é onde atopan o alimento. Pero temos especies de baleas que están aquí todo o ano e que buscando alimento achéganse a costa, ou no caso de que estén enfermos poden buscar augas máis tranquilas e quentes, que son as augas costeiras", asegura Bruno Díaz, director do BDRI, o Instituto para o Estudo da Biodiversidade Mariña.

Dende o Insitituto para o Estudo da Biodiversidade Mariña, o BDRI, estudan o comportamento destes cetáceos e aseguran que durante todo o ano poden avistarse diferentes tipos de exemplares nas nosas augas.

"Nas augas galegas atopamos nas nosas augas os arroaces, que son os golfiños, e fóra das augas os golfiños comúns e tamén as grandes baleas. Ademais, o ano está indo de forma natural e normal. Comezamos o verán co avistamento das grandes baleas, que veñen ás nosas augas alimentarse", engade Díaz.

Así que, non queden abraiados se ven algunha balea nadando nas costas galegas, pois é algo moi común nos últimos tempos.

Noticias web

29/07/2019