Os autónomos societarios tamén poderán acollerse á tarifa plana
Publicado o 09/09/2020 15:14
Todos os autónomos poderán acollerse á tarifa plana. Tamén os autónomos societarios, que quedaban fóra deste beneficio.
Tres sentenzas do Tribunal Supremo obrigaron a rectificar á Seguridade Social, que dende 2013 limitaba este dereito ás persoas físicas. As asociacións de autónomos celebran este cambio de criterio nun momento crítico para o sector. Pero lamentan os problemas para acceder ao aprazamento das débedas do primeiro trimestre con Facenda, que anunciara o Goberno. Os autónomos non poderán superar os 30.000 euros de débeda no conxunto das liquidacións.