Os autónomos quéixanse por seguir pagando a cota deste mes
Publicado o 25/03/2020 15:31
Dende que se decretou o estado de alarma, os autónomos, moitos cos negocios pechados, levan reclamando que se lles suspenda o pago das cotas á Seguridade Social. Pero o Goberno respóndelles con outras dúas medidas: permitíndolles que paguen máis tarde ou avalándolles créditos bancarios.
O Goberno mantén todo o calendario fiscal e isto obriga os autónomos, por exemplo, a presentar antes do vinte de abril a declaración trimestral do IVE. Moitos tramítana en xestorías coma esta, ás que levan, fisicamente, todo o papeleo. Agora, están desbordadas e piden tamén flexibilidade nos prazos.
Os xestores administrativos piden, cando menos, unha moratoria dun mes.