CRTVG

Buscar

Os autónomos piden que as axudas directas do Goberno central se estendan ata finais de ano

Publicado o 15/09/2021 14:37

A presión dos colectivos empresariais levou o Goberno a ampliar os prazos para as axudas. Aínda así, os autónomos son críticos coas novas medidas, din que deixan fóra decenas de miles de negocios.

Consideran que os fondos tamén terían que destinarse a cubrir débedas coa Seguridade Social e Facenda.

Malia a ampliación do prazo ata finais deste mes, pequenos e medianos empresarios din que moitos quedarán sen cobrar as axudas por non poder presentar os gastos, aínda nos casos nos que perderan ata un 80 por cento dos ingresos.

Denuncian que os requisitos son moi difíciles de cumprir nun proceso que cualifican de "farragoso" e que dificulta aos negocios solicitar as axudas.

Noticias web

15/09/2021