Os autónomos piden a supresión das cotas
Publicado o 01/04/2020 15:12
Todos os autónomos pagaron onte a cota íntegra de marzo. Poderán recuperar a metade os que tivesen que pechar o negocio ou acrediten unhas perdas dun 75% no mes.
O pago das seguintes cotas entre abril e xullo poderán aprazalas, ata seis meses.
Tamén piden máis claridade no decreto de actividades esenciais, sobre que colectivos poden seguir traballando. E lamentan que os autónomos que teñan calquera outro ingreso, como unha pensión de viuvez, queden fóra de calquera axuda.