Os autónomos non cotizarán polos ingresos reais ata 2023
Publicado o 28/04/2021 12:28

Hai novidades para os autónomos. Non cotizarán polos seus ingresos reais ata 2023. Atrásase un ano a entrada en vigor desta medida avanzada polo ministro da Seguridade Social, xa que se enmarca na reforma das pensións. Os cambios confirmounos o propio Escrivá nunha reunión da mesa do diálogo social. Ademais a medida terá un perído transitorio, de adptación, de 10 anos.
Os autónomos poderán elixir e cambiar ata seis veces a súa base de cotización, presupoñendo cal será o seu rendemento. E despois se non coincide, axustarán a diferenza na declaración da renda.