Os autónomos, moi afectados pola suba da luz, pensan en cobrar máis polos seus servizos
Publicado o 01/06/2021 15:35
A suba do recibo da luz vaise notar no consumo dos nosos fogares pero tamén cando saiamos da casa. Os autónomos á fronte de salóns de peiteado ou restaurantes pensan en cobrar máis polos seus servizos. Así, cortar o pelo, tomar un café ou limpar unha chaqueta podería custarnos máis pola suba da enerxía.
Os autónomos, especialmente os propietarios dos locais de restauración, moi afectados pola pandemia, din que non poden asumir máis gastos. Estes días todos fan números para intentar cadrar as contas ante o novo incremento da factura da luz, pero non descartan ter que repercutir esta suba nos consumidores.