CRTVG

Buscar

Os autónomos estiman perdas de 65.000 millóns de euros en 2020

Publicado o 11/01/2021 13:57

Os autónomos fan balance de 2020. Estiman que perderon máis de 65.000 millóns de euros. É un dos datos do barómetro publicado pola Asociación de Traballadores Autónomos. Din que, de media, os traballadores por conta propia perderon 20.000 euros. Un de cada tres mesmo eleva esa cifra ata os 30.000 euros. Case o 40 % solicitou un ERTE. En canto ao 2021, son pemisitas. Prevén o peche definitivo de 300.000 negocios.

O presidente de ATA, Lorenzo Amor, pedía máis axudas: "Foi un ano horrible para os autónomos. Onde perderon de media 20.000 euros, onde as axudas directas das administracións foron só de tres mil euros. Onde temos catrocentos mil autónomos cos negocios pechados".

Noticias web

11/01/2021