Os autónomos denuncian que non lles están chegando as novas axudas
Publicado o 26/08/2020 12:55
Os autónomos denuncian que as novas axudas por cesamento de actividade non están chegando ao colectivo.
Din que as están cobrando uns 125.000 traballadores, a pesar de que o número de negocios que seguen pechados é case o dobre, segundo os datos publicados por ATA. E atribúeno á dureza das condicións para acceder ás axudas.
Na mesma liña, outra organización de autónomos, UPTA, solicita unha reunión urxente co Ministerio de Seguridade Social para abordar a situación. Denuncian que hai 400.000 traballadores que aínda non recuperaron a actividade.