Os autónomos de Ourense temen ter que devolver os cartos das axudas concedidas pola Deputación
Preto de catro millóns de euros. É cantidade que a Deputación de Ourense acordou destinar para axudar aos autónomos e pymes en todos os concellos da provincia, agás na capital. 600 euros por autónomo e mil para as pequenas empresas que xa se comezaron a tramitar.
A Subdelagación do Goberno está a estudar se a convocatoria se axusta a legalidade despois de que o Partido Socialista denunciara que preto de 700 solicitudes foron rexistradas antes de que se abrira o prazo legal. A Federación de comercio de Ourense e a Asociación de Autónomos temen ter que devolver os cartos.
Dende a Subdelegación fan unha chamada a calma. Din que neste intre non hai ningún expediente aberto, que por agora tan só solicitaron información. Pola súa banda, a Deputación provincial defende a legalidade da convocatoria e critican que Ourense sexa o único lugar, din, onde se está a cuestionar estas axudas.