CRTVG

Buscar

Os autónomos concéntranse en Pontevedra para reclamar medidas a favor deste colectivo

Publicado o 27/06/2020 21:33

Coincidindo con mobilizacións semellantes no resto de España, en Pontevedra concentráronse un grupo de traballadores autónomos da provincia. Con máscaras negras e mantendo as distancias de seguridade por mor do coronavirus, reivindicaron as súas demandas históricas como o dereito a cobrar o paro e unha xubilación digna, á exoneración da cota de autónomos e á ampliación dos ERTE.

Noticias web

27/06/2020