CRTVG

Buscar

Os autónomos agardan con ansia as novas medidas económicas do Goberno

Publicado o 17/03/2020 09:46

A nova batería de medidas económicas vai aliviar os traballadores autónomos e especialmente as pemes. O presidente da Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia, Rafael Granados, confesa que agarda dúas medidas en concreto que se aproben no Consello de Ministros.

En primeiro lugar, a bonificación ao cen por cento da cota de seguridade social e en segundo lugar, poder acceder ao cese de actividade que están pagando desde xaneiro de 2019.

"Se non podemos traballar non ten sentido que esteamos pagando impotos", apunta Granados.

Outras medidas que están agardando son rebaixas no IRPF, rebaixas no imposto de lixo, rebaixas no imposto de sociedades...

"Hai que ter en conta que os gastos seguen subindo, pero os ingresos frearon completamente. Non podemos manter esta situación moito máis tempo".

Noticias web

17/03/2020