CRTVG

Buscar

Os autónomos afrontan a próxima suba das cotas temendo pola recuperación do sector

Publicado o 03/09/2021 16:17

Metidos de cheo na costa de setembro, os autónomos botan contas para saír adiante. As cotas subirán entre 3 e 12 euros ao mes dependendo das bases de cotización. Unha suba que se fará efectiva ligada ao novo salario mínimo interprofesional.

Por iso piden unha reforma urxente do sistema de cotización en función dos ingresos. Os autónomos din que en plena recuperación das vendas é un novo golpe que vai provocar máis peches de negocios. Piden que se poña en marcha de xeito urxente un novo sistema de cotización por ingresos reais e que se manteña a tarifa plana de 60 euros para aqueles autónomos con rendas máis baixas.

Agosto supuxo un cambio na tendencia positiva dos últimos meses cunha baixada de traballadores por conta propia a nivel nacional. En Galicia houbo case un cento de novas altas e mantense como a comunidade con máis autónomos en relación á poboación, un 25% do mercado laboral.

Noticias web

03/09/2021