CRTVG

Buscar

Os autobuses de Vigo deixarán de cobrar en efectivo

Publicado o 25/03/2020 14:45

A empresa de transporte urbano en Vigo, Vitrasa, deixará de cobrar en efectivo nos autobuses debido ao coronavirus.

Trátase doutra das medidas postas en marcha polo Concello vigués para evitar a propagación do COVID-19. Vitrasa está a artellar un sistema de pagos rápidos con tarxeta para os usuarios que non teñan a PassVigo. Unha vez que se poña en marcha, xa non poderá realizarse o pago en efectivo.

Ademais, quedará limitada a ocupación a un 30 por cento para que os pasaxeiros poidan gardar a distancia de seguridade, e será obrigatorio o acceso e a saída pola porta traseira.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/03/2020