CRTVG

Buscar

Os autobuses de liñas autonómicas dentro da mesma provincia xa poden ir ao 100%

Publicado o 01/07/2020 14:20

Xa eran obrigatorias e o seguirán sendo nos autobuses, sobre todo agora que xa poden ir cheos. A máscara é imprescindible para todos a bordo.

Co levantamento das restricións de capacidade nas liñas que operan dentro da mesma provincia, o sector recupera o transporte de viaxeiros pero faltan pezas tan importantes como as rutas escolares, cando toque, e as turísticas, que a penas están botando a andar.

Tamén nos taxis se poden ocupar todas as prazas, incluída a do copiloto, se todos os ocupantes levan máscara. Para as liñas interprovinciais, o Diario Oficial de Galicia fixa o límite de cabida dos autobuses no 80%.

Noticias web

01/07/2020