CRTVG

Buscar

Os atletas galegos demostran o seu nivel nos deportes urbanos no Marisquiño

Publicado o 12/08/2017 21:29

Durante os últimos anos foron gañando forza disciplinas como o supercross ou o breakdance, cunha boa representación galega

O Marisquiño leva anos introducindo novos deportes de acción ao público vigués. Ademáis do popular evento de skate, onde Vigo será proba puntuable para a cita olímpica de 2020, e as bmx, que viven aquí un dos seus eventos máis importantes de Europa, están tamén outras probas como o supercross ou o breakdance, que nesta edición cumpre 10 anos e na que participan un gran número de 'bboys' galegos.

Sen dúbida unha das probas máis espectaculares do Marisquiño, onde os mellores pilotos do campionato galego demostran a súa habilidade en 150 metros de saltos e ''dubbies' de terra.

A segunda xornada do Marisquiño chega á súa fin, e a pesar de que os 200.000 metros cadrados de recinto dan para gastar moita adrenalina, cómpre gardar forzas para mañá domingo, día das finais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017