CRTVG

Buscar

Os ataques do xabaril chegan ata a parroquia de Romeán, en Lugo

Publicado o 24/06/2019 13:14

Os xabarís provocan novos estragos, desta volta en Romeán, nunha parroquia de Lugo. Os veciños din que arrasaron varias leiras e xa non saben que facer para loitar contra eles. Din que este ano hai máis ca nunca, e piden solucións para evitar que provoquen máis danos.

Unhas perdas ás que hai que sumar tamén a reparación de maquinaria agrícola que sufriu danos polo mal estado do terreo. Os afectados reclaman solucións. Din que cada vez hai máis xabarís e que as batidas non chegan.

A superficie afectada nesta ocasión chega ás dúas hectáreas. Só quedou sen arrasar unha pequena parte desta leira, pero os afectados temen que o xabaril volva na procura de máis alimento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/06/2019