CRTVG

Buscar

Os ataques de cans non son casos illados

Publicado o 12/08/2019 09:12

Esta peregrina holandesa amosa as dentalladas que lle asestaron dous mastíns e un can de caza dun veciño do albergue onde facía de voluntaria, en Triacasleta. Foi un día de maio deste ano e perseguírona durante un quilómetro, ata que, ceibos e sen bozo, lle trabaron nas nádegas e no papo da perna. En abril, viviu unha escena semellante unha muller de 78 anos neste lugar santiagués de Busto, onde os cans dun veciño lle causaron feridas das que precisou asistencia hospitalaria e mais enxertos na pel. Igual que, uns días antes, unha muller de Reboreda, en Redondela, que sufriu a fereza de dous rottwailer ata case desangrala. Salvouna este home, en quen eran ben visibles as pegadas da súa intervención de socorro. Peor sorte tivo unha muller de Covelo atacada en novembro de 2017 por dous dogos de Bordeos. Aquilo rematou coa amputación das dúas pernas da vítima. Aínda que é obrigado rexistrar os animais potencialmente perigosos, poñerlles microchip e levalos con bozo e correa, os ataques seguen saltando con frecuencia aos titulares.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2019