CRTVG

Buscar

Os asistentes aos velorios poderán ser ata 10; 25 nas comitivas dos enterros

Publicado o 05/03/2021 17:54
Os asistentes aos velorios poderán ser ata 10; 25 nas comitivas dos enterros

Reláxanse un pouco as medidas, pero as autoridades sanitarias seguen insistindo na prudencia e na responsabilidade de quen acuda a velorios e a enterros. Hai que seguir mantendo a distancia de seguridade, seguen prohibidas as apertas e por suposto a máscara é de uso obrigado.

No interior dun velorio podemos estar como máximo dez persoas sexamos ou non conviventes independentemente das dimensións do local. Fóra ata un máximo de 25. 25 tamén serán os que poderán estar presentes na comitiva para o enterramento

 

 

 

Noticias web

05/03/2021