CRTVG

Buscar

Os asentos do primeiro deportivo híbrido de Ferrari fabrícanse en Galicia

Publicado o 04/06/2019 20:19

Coa feitura artesanal dun xastre á medida. Así se confeccionan en Galicia os asentos dun modelo que fará historia na casa Ferrari, o seu primeiro deportivo híbrido, un coche valorado en 600.000 euros con mil cabalos de potencia. 

Este contrato abre portas á multinacional viguesa Copo, que xa iniciou conversas con tres marcas premium para futuros proxectos. Neste 2019, en que fai medio século de vida, a factoría celebra que a súa tecnoloxía exclusiva superou os esixentes padróns de calidade de Ferrari.

Con 1.400 traballadores en España, Europa e América e cunha facturación anual que supera os 200 millóns de euros, Copo é o primeiro fabricante galego de compoñentes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/06/2019