CRTVG

Buscar

Os arxentinos e os uruguaios elixen novo presidente

Publicado o 27/10/2019 11:45

Un total de 33,8 millóns de arxentinos están chamados ás urnas para elixir os próximos presidente e vicepresidente para o período 2019-2023. O actual mandatario, Mauricio Macri, e o peronista Alberto Fernández son os candidatos principais.
Pola súa parte, uns 2,7 millóns de cidadáns uruguaios votan este domingo para elixir o seu presidente para o mandato 2020-2025 e a formación do Parlamento para o mesmo período. O Uruguai tamén decide se aproba a reforma da Constitución, que implica, entre outras cuestións, militarizar a seguridade pública. Esta votación celébrase en paralelo ás presidenciais e lexislativas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/10/2019