CRTVG

Buscar

Os arroaces estragan os aparellos do xeito na ría de Arousa

Publicado o 29/04/2021 20:53

Lonxe da imaxe case sempre simpática ou de admiración que suscitan os delfíns, estes mamíferos estanse a converter cada vez máis nun serio problema pros pescadores das rías galegas. Os que pescan a sardiña coa arte do xeito falan dun crecemento exponencial.

"Cada ano multiplícanse, vaias onde vaias, temos que tirar redes vellas".

Os estragos que causan nos aparellos e nos panos son cuantiosos, xa que cada pano de cen metros custa aproximadamente 500 euros. Tamén afecta as capturas. Eles piden axudas económicas.

"Se tiras catro redes, desfanchas, e o que pedimos é que nos dean axudas ou controlen os animais". "Así como no monte coas invasións dos xabaríns tamén hai axudas, pois aquí tamén, para convivir cos animais, porque para nós isto non é soportable".

Ademais das perdas económicas están as vitais, ultimamente, din, están todos os días reparando as desfeitas dos delfíns en lugar de descansar das duras xornadas laborais.