CRTVG

Buscar

Os arroaces das Rías Baixas xa teñen DNI

Publicado o 12/02/2020 15:16

Troquel, Amalia, Esfiado... os arroaces das Rías Baixas xa teñen nome, foto e ficha grazas ao traballo da CEMMA e dos voluntarios do proxecto Turgasur. Coas aletas dos golfiños pasa como as pegadas dactilares, non hai dúas iguais. Así que, para catalogalos, cómpre ter paciencia e unha boa cámara coa que coller o perfil bo dos cetáceos.

Fixeron máis de 25.000 fotos e lograron identificar 150 arroaces residentes, algúns foran avistados hai 20 anos. Para protexelos queren crear unha zona de conservación na ría de Vigo.

A contaminación, a presión dos iates de recreo e a captura accidental en redes de pesca son as principais ameazas para os habitantes máis bulideiros e queridos das rías.






















 

Noticias web

12/02/2020