CRTVG

Buscar

Os arqueólogos estudan un galeón afundido na ría de Ribadeo

Publicado o 10/06/2019 21:26

Hoxe puidemos ver os restos dun galeón que leva máis de catro séculos afundido en Ribadeo. É o que queda do San Giacomo de Galiza, construído en Nápoles en 1.590. Formaba parte da Armada de Filipe II. Superou treboadas e o ataque de buques enimigos pero foi a pique cando estaba ao abrigo da ría de Ribadeo, moi preto de terra.

Unha misión arqueolóxica submarina traballa agora cos restos. Os seus estudos poden sacar á luz como se construían este tipo de buques, fundamentais no comercio e as guerras no século XVI.

Noticias web

10/06/2019