CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os armadores do arrastreiro de Marín retido na Arxentina aseguran que pescaron sempre en augas internacionais

Publicado o 05/02/2018 14:41

Arxentina apresa por suposta pesca ilegal o pesqueiro con base en Marín Playa Pesmar Uno.

As autoridades arxentinas detiveron o buque galego Playa Pesmar Uno cando operaba de xeito ilegal na Zona Económica Exclusiva Arxentina, á altura de Comodoro Rivadavia, na Patagonia.

Segundo o parte oficial, no momento da súa detención tiña máis de 320 toneladas de peixe nas súas bodegas, entre pescada, abadexo, lura e raia, avaliadas polas autoridades "nunha suma millonaria".

A nave marinense, de 63 metros de eslora e 12,5 de manga, levaba 34 tripulantes a bordo, non pode operar na Arxentina pero coma moitos outros pesqueiros galegos si pode descargar no porto uruguaio de Montevideo, de onde saíra o 11 de xaneiro pasado, e en Malvinas.

A ministra de Seguridade do país suramericano, Patricia Bullrich, pronunciouse sobre o caso e dixo que seguirán fortalecendo a presenza estatal nas augas para garantir que se cumpra a lei.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí