Os armadores de Vigo reclaman que se baixe o IVE para fomentar o consumo de peixe
Publicado o 15/06/2020 14:43
O peixe é un alimento de primeira necesidade e o seu consumo moitas veces vai ligado ao seu prezo. Dende a Cooperativa de Armadores de Vigo levan tempo pedindo un IVE superreducido para o peixe do 4%.
Consideran que esta reivindicación é máis necesaria ca nunca tras a pandemia. Nalgúns países, o IVE é do cero por cento precisamente para chegar a máis fogares. Os armadores falan incluso de investimento en saúde.
A pesca foi un sector esencial durante a pandemia. Piden que o seu traballo sexa agora recoñecido con esa baixada do IVE, para seguir estando nos mercados e nas cestas da compra de moita máis xente.