CRTVG

Buscar

Os armadores de Marín que descargan en Mauritania seguen a ter bloqueado o transporte por estrada

Publicado o 17/07/2019 14:08

Retidos en Mauritania varios camións de armadores de Marín e Ribeira. Denuncian os cortes da estrada que lles impiden chegar a España coa pesca desembarcada. Pídenlle apoio á Unión Europea. 

Esta imaxe dos camións atrapados na fronteira entre Mauritania e Marrocos repítese dende hai meses. Grupos rebeldes cortan a estrada que accede a Marrocos. Algúns armadores galegos, de Marín e Ribeira, teñen os camións coa carga parada dende o pasado mércores.

Os armadores afectados din que se senten indefensos e con falta de información e aseguran que están dispostos a abandonar Mauritania se continúa o bloqueo aos seus produtos.

Os armadores instan a UE a pedirlle ao país africano que permita descargas noutros portos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/07/2019