CRTVG

Buscar

Os armadores de Marín, pendentes dos camións atrapados na fronteira entre Mauritania e Marrocos

Publicado o 29/10/2020 14:47

Centos de camións están parados na fronteira entre Mauritania e Marrocos bloqueada por activistas saharauís.

Camións que non poderán descargar os 25.000 quilos de peixe que transportan e perdas que chegan aos 70.000 euros por vehículo. Para os armadores de Marín este é un punto de paso moi utilizado para poder dar saída á mercadoría dos seus barcos.

Na busca dunha solución, varios dos seus barcos xa viaxan cara a outro porto, tras activarse o procedemento de urxencia, co obxectivo de evitar este punto fronteirizo e salvar así esta nova descarga que se fará este venres. Só temen que os trámites burocráticos entre estes países e a UE poidan atrasar ou paralizar o seu transporte novamente.

Estes barcos andan á captura da pescada e da palometa. A falta de solucións podería afectar nos vindeiros días os mercados, provocando o desabastecemento.

Noticias web

29/10/2020