CRTVG

Buscar

Os antidisturbios galegos feridos en Cataluña, forzados á xubilación prematura

Publicado o 01/06/2021 12:25
Os antidisturbios galegos feridos en Cataluña, forzados á xubilación prematura

Os dous antidisturbios galegos feridos en outubro de 2019 durante os enfrontamentos derivados do proceso independentista catalán sofren danos irreversibles que os obrigan a se xubilar moi prematuramente.

No caso do axente vigués de 42 anos que quedou en coma despois de recibir o impacto dunha lousa contra o casco, as secuelas impídenlle mesmo o traballo de oficina, pois a día de hoxe non pode fixar a vista nunha pantalla sen sufrir mareos. Tras estar de baixa durante 14 meses, os médicos confirmaron que non é apto para o servizo. Está casado e ten fillos.

O outro policía galego ferido nos mesmos enfrontamentos recibiu estes días a homenaxe dos seus compañeiros da Coruña. As lesións nun brazo forzaron tamén a súa retirada definitiva.

Noticias web

01/06/2021