CRTVG

Buscar

Os analistas din que os indecisos e a fragmentación fan estes debates determinantes

Publicado o 22/04/2019 15:15

Nunha campaña que encara as urnas cunha porcentaxe alta de indecisos e un escenario fragmentado, os analistas ven estes debates determinantes. 

Santiago Martínez, consultor político: "Agora as transferencias dos votos son máis poliédricas. Van bailando, e sobre todo a xente é máis líquida. O seu voto non pertence durante tanto tempo a un partido, non? Non é un voto tan ideolóxico".

Importante é a mensaxe pero tamén a escenificación. Os analistas advirten do factor humano, que pode caer en erros. Xestos e frases que quedan. E recomendan aproveitar o factor sorpresa e planificar ben a estratexia.

Santiago Martínez, consultor político: "Se Pedro Sánchez lle vai conceder ese debate cruzado, no medio do debate, a Rivera ou o vai ignorar e se vai dedicar a Casado como líder da oposición. Pode ter un pouco máis de vantaxe Casado porque nun escenario de debate contra os seus rivais directos vai ser a primeira vez que el vai estar aí".

A participación xógase nos platós. Tamén o veredicto, que abrirá un posdebate na opinión pública, en que os analistas sitúan a decisión dunha gran maioría de indecisos.

Noticias web

22/04/2019