CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Os amigos da dorna de Portonovo teñen prevista a botadura da Surfeira antes de que acabe o ano

Publicado o 13/10/2016 14:23

Os amigos da dorna de Portonovo teñen prevista a botadura da Surfeira antes de que acabe o ano.
Trátase dunha embarcación tradicional, das que quedan poucas e están a recuperala para convertela en buque escola da asociación.

No estaleiro grovense dos Garrido tres integrantes da Asociación de Amigos da Dorna de Portonovo traballan na que é a última fase de recuperación da Surfeira, unha dorna nai das que quedan contados exemplares en Galicia. O obxectivo co que empezaron a tarefa hai ano e pico é darlle una nova vida a esta embarcación tradicional adaptándoa aos novos tempos.

Este xoves seguían preparando as pezas de madeira para facer un temón de 1 por 2,70 metros. Tamén lle instalaron un motor intraborda e outra mellora na súa seguridade e confort.

Os amigos da dorna foron achegando doazóns económicas que canda as axudas de varias empresas galegas permitiron mercar os materiais e pagar a man de obra profesional indispensable. Levan investido uns dez mil euros e precisan outros tres mil para rematar. Porque a man de obra efectúana desinteresadamente e cando poden.
.
Se todo vai segundo o previsto, antes de fin de ano a Surfeira volve ao mar.

As embarcacións deste tipo que quedan en Galicia non chegan nin á media ducia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí