CRTVG

Buscar

Os amantes das curtas teñen a súa cita no festival de Bueu

Publicado o 10/09/2019 16:38

Estase a desenvolver en Bueu a edición número 12 do seu festival de curtas. Un certame que conta co apoio dun público fiel a unha programación que recolle as mellores curtas do ano do panorama internacional. Tedes ata o sábado para visitalos.

Unha sala de 250 butacas chea todos os días dos festival para ver curtas de nomes tan consagrados pero tan descoñecidos para un público non especializado como Apitchapong Weerasethakul. É o grande éxito do FIC Bueu.

Bueu mestura unha programación de curtas con 70 estreas en Galicia con homenaxes a caras coñecidas como Luis Zahera, que logo do Goya reflexiona sobre o que significou facer curtas nos seus inicios.

Ata o sábado, o territorio hostil é máis pacífico en Bueu.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/09/2019