Os alumnos rematan as probas extraordinarias da ABAU sabendo que moitas carreiras teñen xa as prazas cubertas
Na convocatoria de xuño, o 93 % dos alumnos que se presentaron ás probas de acceso á universidade aprobaron. Pero para os que non puideron presentarse ou para os que suspenderon hai unha segunda oportunidade.
Lorena é unha das moitas alumnas que terá que modificar os seus plans aínda que consiga hoxe a mellor nota. Porque a carreira que quería é unha das 64 que xa teñen a matrícula pechada. Para estas xa non hai opcións. Neste caso, os alumnos terán que escoller outra ou subir nota e non renunciar aos seus soños, coma Marta.
Ela non é a única que repite. De feito, dos 2.600 alumnos que se presentaron agora, a metade fano para subir nota. Algún insiste mesmo despois de estar xa estudando outra carreira. É o caso de Andrea ou Jeni, que fai un ciclo superior.
Todas esas contas poderanas facer o día 21, que é cando se publican as notas destes exames.