CRTVG

Buscar

Rapaces dun instituto de Quiroga ilustran o conto 'Las medias rojas', de Pardo Bazán

Publicado o 08/01/2018 21:50

O Conto 'Las medias rojas', de Emilia Pardo Bazán, xa ten unha edición ilustrada. Fixérona alumnos do Instituto de Ensino Medio de Quiroga. A publicación, editada polo centro educativo conta coa colaboración da Real Academia Galega.

Estes son catro dos cinco alumnos de cuarto da ESO do Instituto de Quiroga que realizaron as ilustracións do conto 'Las medias rojas', de Emilia Pardo Bazán. Unha das profesoras que coordinou este proxecto sinalou que o obxectivo era achegar a literatura aos rapaces dun xeito activo, que convertesen as palabras en imaxes.

"A idea era que eles foran partícipes, que os obrigase a reflexionar e a profundizar un pouco máis no contido para poder despois recrealo visualmente a través da imaxe", di Eva Tejeiro.

O autor dunha das ilustracións conta como foi o proceso do debuxo que pensou lendo todo o que lle ocorre á protagonista deste conto de 'Las medias rojas'.

"Cando o avó lle pega, ela quere marchar cruzando o mar e di que necesitaba ese luxo e quixen idealizar un barco de vapor, un barco de luxo parecido ao Titanic", afirma Aarón Esteves

Precisamente abordar o tema dos malos tratos foi outro dos obxectivos desta actividade académica.

"O certo é que como nos interesaba tratar o tema da violencia machista o conto prestábase moito, Tamén tiña unhas condicións moi específicas porque era moi breve, moi asumible para lelo e debuxalo", di Eva Tejeiro.

Como non podía ser doutro xeito, a  publicación, editada polo propio centro educativo, foi presentado na Casa-Museo Emilia Pardo Bazán e contou coa colaboración da Real Academia Galega.

Noticias web

08/01/2018