CRTVG

Buscar

A Revista

Os alumnos do CEIP de Curtis, a ritmo de "Happy"

Publicado o 07/07/2014 12:55


O tema "Happy", o éxito mundial do cantante Pharrell Williams, está que racha nas listas de vendas e de descargas.
E tanto gusta a grandes e pequenos que está a ser versionado por centos de persoas, que fan a súa particular interpretación dun vídeo musical.
Na Revista xa lles amosamos algún, e hoxe presentámoslles este que fixeron os rapaces dunha escola de Curtis, na provincia da Coruña.
Se se lles ocorre imitalos e facer algo orixinal, adiante, mándennos os seus vídeos... pero, se lles parece, con outra canción diferente, así imos variando o repertorio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

A Revista

07/07/2014