CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Os alumnos de tres institutos galegos son os campións do Rally Matemático de Toulouse

Publicado o 07/06/2017 15:03







Os alumnos de tres institutos galegos son os campións do Rally Matemático que se celebrou en Toulouse. Gañaron en cadansúa categoría, os institutos Blanco Amor e O Couto, de Ourense, e o Rosalía de Santiago. En equipos de oito foron os mellores da proba en que tiñan resolver problemas de cálculo, xeometría, aritmética e lóxica. Todo un reto que din que lles foi máis doado do que pensaban.



O reto: resolver catro problemas matemáticos en 50 minutos. E así o fixeron os alumnos de 3º da ESO do Instituto Eduardo Blanco Amor de Ourense.

E gañaron na súa categoría o rally matemático de Toulouse, en Francia.

Aos de 2º da ESO do Couto, tamén gañadores, sobroulles máis da metade do tempo para dar coas respostas correctas.

E volveron co trofeo. Toda unha experiencia para eles, que din que foi máis doada do que pensaban. Xunto a eles os de 1º da ESO do Rosalía de Santiago, tres equipos de institutos galegos das catro categorías son os mellores en matemáticas do rally internacional.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí