CRTVG

Buscar

Os alugueiros e a suba de impostos ás rendas altas atascan a negociación dos presupostos

Publicado o 20/10/2020 14:57

En Podemos avisan: se o PSOE non acepta limitar o prezos do alugueiros ou a suba dos impostos directos ás rendas altas os presupostos poderían atrasarse.

No PSOE prefiren centrarse nos impostos indirectos e cren que a regulación dos alugueiros debe ir na Lei de vivenda, unha vez pase a pandemia.

A intención dos partidos do Goberno era pechar o seu acordo esta semana para despois negocialo co outros grupos.

Si están confirmadas algunhas medidas orzamentarias que xa enviaron a Bruxelas, como o novo imposto aos plásticos ou a suba do IVE ás bebidas azucradas.

A intención do Goberno é aprobar os presupostos no Consello de Ministros da semana próxima, pero dependerá da marcha das negociacións.

Noticias web

20/10/2020